Páginas

3/10/2009

ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TROITEIROS DO FURELOS

A Asociación de Troiterios “Río Furelos” de Melide vén de aprobar as múltiples actividades que comezarán coa colaboración nas Xornadas de Pesca Ninfa “Conde Waldemar” que se celebrarán nos ríos Ulla e Furelos do 19 ao 22 de marzo.
O campionato organizado pola asociación “Río Furelos” será por cuarto ano consecutivo o vindeiro 4 de abril, e practicamente xa estaremos metidos de cheo noutra actividade a celebrar o 18 de abril: trátase de xuntar aos mellores pescadores nun Máster de Campións de Ninfa.
No mes de maio, o sábado día 9, temos previsto organizar por primeira vez un Campionato Xuvenil de Pesca. Reservamos o 1º domingo de xullo para o Día do Socio, e as VII Xornadas de Limpeza fican programadas para o derradeiro sábado de agosto e os dous primeiros de setembro. Como vén sendo habitual, en outubro e novembro convocaranse os Cursos de Montaxe de Mosca e Culleriña realizados por mestres artesáns.
É a nosa intención seguir co acondicionamento das sendas que transcorren á beira do río Furelos, aumentando en tres quilómetros os tres xa acondicionados o ano pasado. Repoñeremos os sinais que, este mesmo ano, foron repostos pola Asociación e moitos deles xa desapareceron, están tirados no río, e mesmo serviron de branco para cazadores desaprensivos.
Todas estas actividades non van minguar a nosa participación e colaboración no Proxecto Ríos, tanto na Campaña de Primavera coma na de Outono.
Finalmente, renováronnos o Convenio de concesión do Couto do río Furelos e podemos anunciar que se está a elaborar un borrador dun novo Convenio que terá unha vixencia de 5 anos, e que melloraría substancialmente a concesión de coutos para a nosa Asociación, xa que nos aproximaría a un 50% , o que suporía unha mellora dun 10% adicional.


Melide 7 de marzo de 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario