O pasado fin de semana celebrouse na vila pontevedresa de Pontecaldelas a XLII FESTA DA TROITA, no que se disputou o XLII CAMPEONATO INTERNACIONAL DE PESCA FLUVIAL desta vila.
O Club Londra de Rois participou invitado pola organización neste campeonato e de novo como en anos anteriores, volveu a conseguir un notable éxito, éxito acadado na categoría de Damas e na de Xuveniles. Na de Damas María Manuela Freire Pázos, que este ano está que se sale, acadou o terceiro posto na clasificación, recordemos que esta dama acadou nesta tempada sendas victorias no Campeonato de Rois e no de Sigüeiro.
Na categoría xuvenil subiron o podium, Alejandro Reboiras Rodríguez e Eduardo Seco Velo, acadando a primeira e segunda praza respectivamente, na categoría infantil o mellor posto foi logrado por Damián Otero Rodríguez, que obtivo o cuarto lugar na clasificación.
E de destacar o merito destes pescadores, pois o campeonato ten caracter internacional no que tamén participaron equipos de Portugal ademais dos de toda Galicia.A directiva e todos os socios do Clube LONDRA, queren darllle a noraboa a estos pescadores e o resto dos participantes, que ano tras ano van por Galicia dando a coñecer o Concello de Rois no ámbito da pesca deportiva. A próxima cita será no Campeonato de pesca de Ribadavia o 15 de Xuño. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario