12/19/2013

NOVO PROGRAMA DE CAZA E PESCA NA GALEGA

LAS NUMEROSAS PETICIONES DEL COLECTIVO DE PESCADORES Y CAZADORES TIENEN EFECTO


Con carácter informativo e divulgativo, afondará cada semana en todo o que rodea dúas actividades de gran tradición en Galicia

Presentado por Rodrigo Pérez Pardo, contará cunha ampla nómina de colaboradores que coñecen en profundidade este mundo.


Os afeccionados á pesca de recreo e ás actividades cinexéticas están de sorte, xa que, pensando neles, a RG vai poñer en marcha este sábado un novo programa, chamado “Caza e Pesca na Galega”, que, entre as 07.00 e as 08.00 h., servirá de acompañante para os cazadores e pescadores no seu camiño cara ao río ou ao couto.

Con carácter informativo e divulgativo, esta nova aposta da RG conta coa colaboración das federacións de caza e de pesca de Galicia e está dirixida aos amantes de dúas actividades de gran tradición na nosa comunidade e tamén a todos os oíntes aos que lles interese o medio natural. 

Baixo a batuta de Rodrigo Pérez Pardo, un xornalista de deportes da emisora, “Caza e Pesca” contará cada semana coa presenza dunha ampla nómina de colaboradores que coñecen en profundidade este mundo. Na súa estrea do vindeiro sábado, o novo espazo da Radio Galega recibirá a visita do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal que aparece algo decente

:

Anónimo dijo...

Menos mal que aparece algo decente y no tendencioso

Anónimo dijo...

Menos "caspa" y ombliguismo y más pesca de todos.
Duró demasiado tiempo el programilla y siempre más de lo mismo (aburría).
YA ERA HORA.

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License